martes 20 de octubre de 2009

A responsabilidade dos medios: o Cuarto Poder.

A responsabilidade dos medios: o Cuarto Poder


Sempre me chamou a atención as expresións do orde: alternativa, terceira vía, cuarto poder, cuarto mundo... Non xustamente pola súa rigurosidade (carecen dela), senón polo entramado de ideas que se poden derivar. E, por qué non dicilo, de conflitos. Unha alternativa sempre se formula en base a un poder estabelecido, ou a outra alternativa; co cal, carece de sentido en si mesmo (ou, sendo menos radical, ten un sentido semántico demasiado amplo, falando en termos de poder).

O da terceira vía é xa un clásico. Terceiras vías érano os unionistas de O'Donell, fórono tamén os nazis alemás, e sono hoxe tanto os libdems do UK como os laboristas de Blair e Gordon Brown. Qué encerra, logo, o termo? Simplemente, é unha situación onde unha corrente de pensamento se opón ao poder que está no goberno (ou ao goberno que está no poder) máis renega tamén da "oposición" a este goberno/poder institucionalizado. Técnicamente, unha terceira vía, logo, defínese polo contexto e non pola ideoloxía. E o termo máis parecido que se me ocorre é alternativa.

Políticamente, é evidente que tódolos partidos, nalgunha ocasión, se autoconsideraron alternativa. Normalmente, lonxe do significado que eu critico, é simplemente unha autoafirmación diante do seu electorado, da súa xente; unha alternativa tamén é unha loita política contra a desmobilización.

Termos "confusos" tamén son cuarto poder e cuarto mundo. Cuarto mundo é un exercicio de hipocresía; é un eufemismo. Xustamente, o cuarto mundo é aquel grupo social que, aínda atopándose (xeográficamente) nun país considerado rico (ou económicamente solvente, cun alto PIB, cun IDH alto, etc) vive por debaixo dos lindares de pobreza. E por qué non lles chamamos pobres? Agora ben, unha das características máis interesantes desta xente, dende o ámbito dos estudos políticos, é que non adoitan nin querer votar (é unha característica europea) nin axuda para saíren da súa situación. Máis aló diso, sigo á pensar que as formas non trocan o fondo.



O Cuarto Poder é o obxecto deste artigo. De tódolos conceptos que aquí critico, é o que máis me custa atacar. É daquelas ideas polémicas: teño argumentos a favor desta denominación e argumentos en contra. A expresión "cuarto poder" acúñaa Edmund Burke (1729-1797), o famoso conservador inglés. Obviando a evidente crítica que se lle pode realizar a quen introduciu este concepto; Burke exerce de visionario ao dicir que os medios de comunicación poden exercer e exercen unha influencia moi grande na toma de decisións políticas. Sería, logo: executivo, lexislativo, xudicial e "prensa". Este último poder (agora nos prantexaremos se ó realmente), nos últimos tempos, foi interpretado mediante o concepto (xeralizado) de opinión pública ou de "intereses xeralizados". Esa opinión pública é maleable mediante: a) accións executivo-lexislativas por parte do goberno (ben comunicadas, iso sí) ou b) polos medios de comunicación. Ata aquí confirmaríamos a hipótese que prantexamos.

Pero, pecamos de inocentes pensando que os medios, por si mesmos, teñen poder? Debemos buscar "máns negras" detrás dos medios? Ou, por exemplo, as influencias que pode exercer un Banco ou unha entidade financieira son superiores ás que pode levar a cabo a opinión pública? Eu penso que os medios, por si mesmos, non teñen forza. A forza dalla a opinión pública, e eles retroaliméntase desa forza. A opinión pública convérteos en referentes, en actores válidos a considerar na loita polo poder (ou simplemente, na execución dunha política pública). Qué outorga inmunidade á La Voz de Galicia para mentir á sociedade galega atacando a uns colectivos determinados? Seguramente, a xente que esté detrás e a lexitimación do seu propio "nome" dentro da comunidade galega. É dicir, se agora un ultraconservador militante de Falanxe mercara o susodito xornal; credes realmente que ese xornal desaparecería dos bares? O poder dos medios, aparece nunha fase secundaria (hoxe en día que a información ven de moitas fontes diferentes) e non no seo da súa propia condición.

Darémoslle unha volta máis á tortilla. E se ese medio é PÚBLICO (pagado, entón, por todos e cada un dos contribuíntes)? Qué acontece se a CRTVG incorre nunha manipulación como a que demostrou o pasado domingo, 18 de Outubro? O cuarto poder convértese nunha mera acción executiva; o famoso sistema de check and balances froito da separación de poderes salta polos aires. Porque, en última instancia, un medio privado pode dar unha visión sesgada, deixar de informar para pasar a opinar, pode incluso transiverxar as palabras en favor da súa cosmovisión do panorama político. Iso, en cambio, non pode acontecer no eido público.

Por iso, e que non sirva de precedente, levántome para defender a pluralidade dese cuarto poder. Pero non o que está alentado por inversións de compañías eléctricas, nin o que está respaldado por ningún banco. Un sistema plural de información pública e privada, na que eses xornalistas tan valiosos e honrados (eses sí que son maioría, no ámbito xornalístico) que temos no noso país poidan, simplemente, contar o que pasa. E isto, foi o que pasou.


Leia Mais…

Outono

Dándolle Voltas: O Outono

Apáganse os aires acondicionados, caen as follas das árbores. Chega o outono; se cadra a estación máis poética do ano. Aínda así, o mundo non entende de poemas, nin tan sequera de beleza. A actualidade destes meses falará de sentencias sobre o Estatut, sobre a crise económica, sobre... En moitas ocasións, esquecerémonos do máis importante. Qué é o máis importante? Construír un mundo mellor; non destruír o dos outros mentres construímos o noso. Seguramente, estes pequenos preceptos de filosofía para aficionados non as enseñan nas escolas de Economía.

No outono sempre voan as follas dun lado a outro, como queren. Este ano semella que o virus H1N1 impregnará o seu fermoso voar. Son eu, ou queren que, definitivamente, nos cansemos de todo? Deixaremos de ir apañar as castañas aos campos, por mor de que porten virus mortais? Non pintaremos as caras dos pequenos por medo a non ter suficientemente lavadas as máns?

A normalidade voltou á vida de moita xente tralo verán, tralas vacacións que xa quedan alá ao lonxe. No horizonte sitúase o Nadal, previsíbelmente con moitos menos aguinaldos que de costume.Pero ollo, que non che quiten o que é teu; o que é noso. Nin a nosa lingua, nin o noso outono, nin a nosa vida... Temos dereito a non permanecer calados.

Leia Mais…

sábado 16 de mayo de 2009

Dereita e esquerda (I)

Dereita e esquerda

O mundo anda revolto. Estamos envoltos nunha crise conceptual. E non se deriva (nin ten nada que ver) de que uns cantos ricachóns deixaran de gañar un 300% por cada piso construído. Vai tempo que o Estado-nación deixou de ser o lugar dende donde se cociñan as grandes decisións; os despachos onde máis poder de decisión hai. Sobre quen son os máis poderosos, moitas veces citamos os grandes magnates do mundo financieiro, pero esquecémonos de cuestións máis relevantes. Quen nos fai crer nunha determinada relixión, quen ten suficiente poder como pra poder convertirnos en persoas con principios, en persoas cunhas determinadas creencias?

A verdade é que neste mundo, se a información xa é poder, a influencia é control. Neste sentido, a política (pensada como unha ferramenta á disposición do cidadán pra satisfacer os seus propios obxectivos como individuo e tamén da cidadanía como colectivo) foi quedando denostada até puntos verdadeiramente preocupantes. Os políticos (ou, máis correctamente, os cargos públicos) foron asimilados (case) con delincuentes corruptos (ou ladróns de guante branco). A desconfianza qué provoca? Ignorancia.

A día de hoxe, a meirande parte dos galegos e galegas non ten nin idea de cantos deputados ten o Parlamento de Galiza, nin tan siquera sería quen de dicir os nomes de máis de 15 deputados do noso órgano lexislativo. E esta realidade aplícase tamén a outros ámbitos, como pode ser o municipal ou o estatal (no que o bipartidismo engadiría un elemento máis que fai medrar a desafección política).

E que efecto conleva esta desafección xeralizada pola política nas visións clásicas sobre a dereita e a esquerda? A esquerda e a dereita difumínanse na práctica; sepáranse na praxe. Os servizos públicos son vendidos como deficitarios, e faltos de "iniciativa" suficiente como para poder ofrecer á xente o que forma parte dos seus dereitos sociais e económicos.

Agora, ser liberal está de moda; ser progresista (non de esquerdas) é guai. Pero ninguén fala de nacionalizacións da banca, fálase de subvencións á banca (deficitarias, a fondo perdido). Logo, hoxe en día, qué nos queda da dereita e da esquerda?



Leia Mais…

miércoles 1 de abril de 2009

A candidata (Eleccións Europeas II)

A Candidata (Eleccións Europeas II)




Ana Miranda. Apunten ese nome, se é que non foron quen de coñecela nalgunha das súas visitas relámpago a Bos Aires, Barcelona ou Compostela.

Ana Miranda representa traballo, diálogo, capacidade de integración, descurso, esquerda, feminismo, europeísmo, dignidade e sinceridade. Ana Miranda non só é a mellor das candidatas posíbeis, se non que é a candidata. Acumula 10 anos de experiencia en Bruxelas, domina as tres principais linguas da Unión (inglés, francés e alemán). E sobre todo, non se conforma con nada.

Ana Miranda é unha muller. É agarimosa e sensible, pero loitadora e valente coma ninguén. Ana é independente; pero ten unha bagaxe ideolóxica de esquerdas netamente demostrada coa súa defensa doutra Europa (censurando a Europa do capital e dos Estados).

Ana Miranda é a vicepresidenta da Alianza Libre Europea. É a cara visíbel do BNG en Europa e América, a representante dos que tiveron que marchar (da Galiza Exterior, como ela di).

Ana é compromiso, é FORZA, é ILUSIÓN pra saír dos malos momentos. É daquelas persoas que sempre aparecen no momento axeitado pra arranxar unha situación; ou para arrincarche un sorriso cando a cousa está fodida.

O BNG ten que ser todo iso. Ten que encabezar cartel cunha muller, ten que xerar ilusións nos que a perderon, ten que espallarse máis alá das fronteiras e convencer coa súa mensaxe. O BNG ten que ser Ana Miranda.



Leia Mais…

domingo 22 de marzo de 2009

Eleccións Europeas (I) - Eleccions Europees (I) [CAT+ GZ]

[CATALÀ]

Eleccions Europees (I)

Les eleccions europees són les eleccions on menys volum de gent s'aixeca del seu sofà i va a votar. Les eleccions europees, siguem clars, són les eleccions que serveixen per a menys (en termes clàssics de sobirania). Però tot i això, unes eleccions europees amb una participació alta enviarien un missatge; s'encendria l'espurna que necessiten les institucions de Brussel·les i Estrasburg. El Parlament Europeu ha de començar a tenir la exclusivitat de la funció legislativa de la Unió Europea. És necessari un poder fort (que no centralista), però un poder que també sàpiga arribar a totes les instàncies territorials de la Unió; no només als Estats (que sovint se'n obliden de la seva realitat plurinacional quan van a reunir-se amb líders d'altres Estats).

Això si, Europa, dins l'Estat espanyol, agafa un altre prisma; és observada d'una altra manera. Les diferents nacions que configuren l'Estat observen Europa de diferent manera; (Catalunya és la terra de pas entre la Península Ibèrica i l'Europa continental, Galícia és el port de la Europa Atlàntica) ja sigui per criteris geogràfics com els de l'exemple o per criteris de caire més sociològic (com bé podria ser la visió dels gallecs de la Europa on viuen molts dels seus familiars) . Aquest juny l'Estat escolleix 50 eurodiputats (4 menys que en 2004) i per tant comencen els moviments entre els partits nacionalistes per poder configurar candidatures conjuntes que puguin fer-los arribar a Brusel·les i Estrasburg.

Amb la circumscripció única o estatal, els partits estatals dominen el panorama polític. Galeuscat (CDC, PNV, BNG i UDC) i Europa dels Pobles (ERC, EA, PA, etc) van ser, el 2004, les principals plataformes polítiques des de les quals els partits nacionalistes van intentar aconseguir el seu(s) eurodiputat(s). Avui dia, en un escenari molt diferent, tots negocien com aliar-se. Es parla de que el BNG gira l'esquerra després de la seva desfeta electoral, es diu que UDC no vol pactar amb un partit d'esquerres com el BNG, es comenta sobre l'existència de negociacions d'Aralar, EA, ERC i BNG en el marc de l'ALE (Aliança Lliure Europea) per a configurar una candidatura d'esquerres i nacionalista... Hi ha moltes possibilitats: des d'una Galeuscat mermada (PNV i CiU), a una candidatura amb bascos i gallecs (PNV-BNG).

Això sí, tot sempre en el marc dels partits polítics europeus. Què passa amb els eurodiputats que escollim? Galeuscat va compartir el mateix grup parlamentari? Com pot ser això; si a UDC hi ha elements conservadors i al BNG grups comunistes? Doncs no, parlem de plataformes electorals; parlem de com uns candidats s'utilitzen mútuament per, després, si surten escollits, fer la guerra cadascú per la seva banda.

Encara i així, espero, trobar, des de la meva humil opinió, la solució a les incoherències electorals que es plantegen en el marc estatal. Per què no construir coalicions electorals en imatge i semblança de la formació dels partits polítics europeus? Fóra bo, per la democràcia europea.


[Continuarà amb les meves propostes de coalicions electorals i ordre de candidats en llista.]

____________________________________________________________________

[GALEGO]

Eleccións Europeas (I)

As eleccións europeas son as eleccións onde menos volume de xente levántase do seu sofá e vai votar. As eleccións europeas, sexamos claros, son as eleccións que serven para menos (en termos clásicos de soberanía). Pero aínda así, unhas eleccións europeas cunha participación alta enviarían unha mensaxe; acenderíase a faísca que necesitan as institucións de Bruxelas e Estrasburgo. O Parlamento Europeo ten que empezar a ter a exclusividade da función lexislativa da Unión Europea. É necesario un poder forte (que non centralista), pero un poder que tamén saiba chegar a todas as instancias territoriais da Unión; non só aos Estados (que a miúdo esquécense da súa realidade plurinacional cando acoden reunirse con líderes doutros Estados).

Iso sí, Europa, dentro o Estado español, colle outro prisma; é observada doutro xeito. As diferentes nacións que configuran o Estado observan Europa de diferente xeito; (por ex. Catalunya é a terra de paso entre a Península Ibérica e a Europa continental, Galicia é o porto da Europa Atlàntica, Euskadi é unha illa no medio de Europa...) xa sexa por criterios xeográficos como os do exemplo ou por criterios de ámbito máis sociolóxico (como ben podería ser a visión dos galegos da Europa onde viven moitos dos seus familiares) . Este xuño o Estado escolle 50 eurodiputados (4 menos que en 2004) e polo tanto empezan os movementos entre os partidos nacionalistas para poder configurar candidaturas conxuntas que poidan facelos chegar a Bruxelas e Estrasburgo.

Coa circunscripción única ou estatal, os partidos estatais dominan o panorama político. Galeuscat (CDC, PNV, BNG e UDC) e Europa dos Pobos (ERC, EA, PA, etc) foron, o 2004, as principais plataformas políticas desde as cales os partidos nacionalistas intentaron conseguir o seu(s) eurodiputado(s). Hoxe en día, nun escenario moi diferente, todos negocian cómo aliarse. Fálase de que o BNG vira a esquerda logo da súa derrota electoral, fálase de que UDC non quere pactar cun partido de esquerdas como o BNG, coméntase sobre a existencia de negociacións de Aralar, EA, ERC e BNG no marco do ALE (Alianza Libre Europea) para configurar unha candidatura de esquerdas e nacionalista... Hai moitas posibilidades: desde unha Galeuscat mermada (PNV e CIU), ata unha candidatura con vascos e galegos (PNV-BNG).

Iso sí, todo sempre no marco dos partidos políticos europeos. Que pasa cos eurodiputados que escollemos? Galeuscat compartiu o mesmo grupo parlamentario? Como pode ser isto; se en UDC hai elementos conservadores e no BNG grupos comunistas? Pois non, falamos de plataformas electorais; falamos de como uns candidatos utilízanse mutuamente para, despois, se saen escollidos, facer a guerra cada cal pola súa banda.

Aínda así, espero, atopar, desde a miña humilde opinión, a solución ás incoherencias electorais que se suscitan no marco estatal. Por que non construír coalicións electorais en imaxe e semellanza á da formación dos partidos políticos europeos? Fóra bo, pola democracia europea.


[Continuará coas miñas propostas de coalicións electorais e orde de candidatos en lista.]

Leia Mais…

viernes 6 de marzo de 2009

Activos políticos

Activos Políticos

No xogo político participan unha gran cantidade de actores políticos. Hai moita xente que ten capacidade pra influir, no nome de empresas, partidos políticos, medios de comunicación ou simplemente por unha cuestión de prestixio social. Nestes últimos puntos (medios de comunicación e prestixio social) podemos situar moitos dos elementos que levaron a Alberto Núñez Feijoo á presidencia da Xunta de Galiza. La voz de Galicia foi un medio clave nestas eleccións, sen dúbida. A acción política do Partido Popular, lexitimada en primeira instancia polos medios de comunicación (lexitimada tamén no ataque ás outras formacións políticas galegas) e levada a cabo por todo o seu aparato propagandístico (sería un dato moi curioso ver as cantidades gastadas en promocionar a Núñez Feijoo na precampaña, por exemplo, en cartaces que se podía ver por toda Galiza) incluindo no rural aos vellos "caciques", aqueles que, sen ser intelectuais, nin tan só alcaldes xa (algúns), seguen tendo a sartén polo mango.

Os resultados en Galiza foron claros: Partido Popular 39, PSdeG-PSOE 24, BNG 12 (a falta do voto emigrante co que o PSdeG pode conseguir o escano 25, por Ourense). O PP gañou as eleccións nas cidades, xogando co concepto da crise e desacreditando ós partidos do bipartito, pero tamén aportando unha imaxe fresca, de renovación. Tamén temos que decatarnos, se non o tivemos antes en conta, de que Galiza non é de esquerdas, Galiza non é nacionalista. Por moito que queiramos os que así pensamos, Galiza, sociolóxicamente, prefire a dereita (por tradición, seguramente), xa que presupónselle (nun exercicio de conservadurismo sociolóxico) que son os que manterán as cousas como estaban, que non haberá grandes cambios. O cambio, o gran medo da Galiza. Medo a que me quiten as terras, non sexa que llas den a alguén que produzca riqueza; que me quiten a paga, non vaia perder o nivel de vida... Pero de iso poderiamos falar largo e tendido.

Propoño unha solución pra a situación interna dos partidos do bipartito. Preferentemente pra o Bloque Nacionalista Galego, xa que penso que o PSdeG - PSOE, pola súa propia estructura (suficientemente potente) dispón de mecanismos suficientes pra autorexenerarse con éxito. Colleremos xustamente o exemplo do PSOE, dalgún caso concreto, pra amosar cómo aproveitou os seus activos políticos. Entenderemos como activos políticos aquelas persoas que desenrolaron funcións de gran importancia pero que, por un motivo ou outro, foron relevadas do seu cargo ou abandoárono por un fracaso político ou electoral pero que non tiveron un gran rechazo explícito por parte de ninguén. O importante (ou o menos riguroso) é saber discernir "quen" é un activo político (un reclamo, dalgún xeito) e quen non.

Ilustareino con exemplos. Abel Caballero, actualmente alcalde de Vigo (2007- ), é ex-ministro de transportes (1985-1988) e ex-presidente do PSdeG e candidato á presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións de 1997. Digamos, entón, que ten unha dilatada carreira política que xustamente non está marcada precisamente pola sorte (por ex. o seu sucesor á fronte do ministerio de tranportes foi José Barrionuevo). Caballero, á marxe da súa ideoloxía (e do seu pouco amor pola lingua galega), era un activo político nas máns do PSdeG e, nun exercicio de enxiñería política, colocouno á fronte dunha cidade como Vigo, onde a popular Corina Porro mandaba con forza.

Na política estatal e europea atopamos diversos exemplos (a maioría socialistas, pero tamén populares). Poderiamos falar de Joaquín Almunia, que pasou de marcar mínimos nunhas eleccións xerais pra o PSOE a ser Comisario de Economía da UE; tamén o seu rival nas primarias socialistas, Josep Borrell (ex-secretario xeral do PSOE), constitúe un exemplo claro desas migracións de figuras políticas (activos políticos, que lle chamaremos) á política europea. Camilo Nogueira sería o único caso do BNG, aínda que fora só unha lexislatura europea e despois voltase á vida de militante de base.

O BNG ten que tomar nota, neste punto. Figuras políticas da década pasada, como Xosé Manuel Beiras e Camilo Nogueira non teñen a importancia que se cadra merecen. A quen non lle gustaría un Camilo Nogueira alcalde de Vigo? Ou un Xosé Manuel Beiras alcalde de Santiago? Hai novos retos, novas (e tamén vellas) apostas que moitas veces non se queren tomar (normalmente polos intereses que defenden as formacións que conforman a organización frentista) pero que o sentido común sí que nos levaría a acometer. Francisco Rodríguez candidato á alcaldía de Ferrol? Sería un exercicio de sentido común. Dende a miña humilde opinión, Anxo Quintana ten suficiente valía política como pra non defenestralo (como parece que se está á pedir dende diversos focos de opinión), como pra propoñelo pra ser, por qué non, alcalde de Ourense. Porque o BNG perdeu a batalla nas cidades. Non importan os porqués. Importa Galiza.

En conclusión, o BNG tivo experiencia de goberno. Agora hai que rentabilizar esa experiencia e levala a outros ámbitos. O BNG ten que aproveitar os activos políticos que xerou en todos estos anos nos que non parou de expandirse socialmente. Xa chegarán tempos mellores.




Leia Mais…

miércoles 28 de enero de 2009

Bloque Nacionalista Galego


Bloque Nacionalista Galego

El Bloque Nacionalista Galego és un partit o, millor dit, una front de partits aplegats sota una estructura orgànica comuna que s'autodeclara d'esquerres i nacionalista (i, per tant, la definició ideològica que fa és àmplia i aplega una gran quantitat de matisos).

Parlaré una mica de la història del Bloque Nacionalista Galego, les seves figures polítiques relevants i, sobretot, la seva estructura orgànica, una de les més riques d'Europa i per la qual he estat qüestionat en diverses ocasions.

Història

El Bloque Nacionalista Galego va ser fundat el 1982, arran de l'Assemblea de Riazor, de la Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) de la qual formaven part tots els partits nacionalistes i d'esquerres del panorama polític de la transició (entre ells molts grups que acabarien formant part del BNG més tard de la data de la seva formació). El BNG va ser format, en primera instància, principalment, per la UPG i el PSG, encara que aquest marxaria després del BNG i romandria a l'estructura orgànica del BNG una part que es diu Colectivo Socialista.

Així, hi ha dues grans branques dins el nacionalisme gallec, que s'identifiquen amb dos idearis diferents: el marxisme-leninisme i el socialisme. Amb el pas del temps, l'independentisme /nacionalisme del Bloque Nacionalista Galego ha estat una altra de les clivelles que han definit bàsicament la ideologia dels partits que formen el BNG.

A partir de la seva formació, la presa de decisions i l'elecció de candidats per un sistema assemblearista, on un militant equival a un vot. En la última Assemblea Nacional, celebrada el 2006, es va substituir el sistema assambleari per un sistema representatiu.

Figures polítiques

Hi ha dues grans figures polítiques al BNG, el dos portaveus nacionals en temps de democràcia. Des de 1982 fins al 2003 ho va ser l'intel·lectual provinent del PSG, Xosé Manuel Beiras. Beiras va ser qui va liderar el BNG portant-lo a ser el primer partit d'oposició al govern de Manuel Fraga les legislatures 1997-2001 i 2001-1005 (tot i que en aquest segon període va estar empatat a escons amb el PSdeG, malgrat haver-lo guanyat en vots). Justament el 2005, acompanyat d'una baixada en escons i vots després de la marxa de Beiras, Anxo Quintana va poder esdevenir vicepresident de la Xunta de Galícia, arran del pacte bipartit amb el PSdeG d'Emilio Pérez Touriño. En aquestes tasques de govern, el BNG ha dirigit la política gallega en matèria d'Igualtat i Benestar, Indústria i Innovació, Habitatge i Cultura i Esports. A les eleccions del primer de març de 2009 el candidat que presentaran tornarà a ser Anxo Quintana, amb perspectives de millora electoral en relació dels resultats de 2005. Camilo Nogueira, eurodiputat de 1999 a 2004 pel BNG, és un altre dels líders de la formació que, tot i no haver estat mai portaveu nacional ni tampoc candidat a la presidència de la Xunta de Galícia, segueix sent considerat com a una veu important per gran part de la militància.

Partits interns i organismes

El BNG està lligat políticament amb les seves joventuts, Galiza Nova. Així, Galiza Nova fou fundada 6 anys després del BNG i aplega també les seccions juvenils dels diferents partits presentes en l'estructura del BNG, així com els militants independents pertanyents a aquesta franja d'edat (18-3o, aprox). A dia d'avui la secretària general de Galiza Nova és Iria Aboi, també militant de la UPG (Union do Povo Galego), concretament de les seves joventuts, la Unión da Mocidade Galega (UMG).

Havíem parlat abans de dos grans corrents ideològics dins el nacionalisme gallec: el marxisme-leninisme i el socialisme.

Dins el BNG les formacions marxista-leninistes són:


- Unión do Povo Galego. De caire nacionalista, és la formació hegemònica (quant a organització i militància) de les que formen part del BNG. El seu secretari general és Francisco Rodríguez. Les seves joventuts són la UMG (Unión da Mocidade Galega).



- Movemento pola Base. Escissió de la UPG, ideològicament independentista i actualment en un procés on diversos "líders" de la formació lluiten per les sigles. Va presentar candidatura a portaveu nacional a la última Assemblea Nacional i té com a militants elements sindicals importants (de la CIG) i té unes joventuts afins que se'n diuen ISCA! *avui dia tenim dues webs de Movemento Pola Base, aquí i aquí degut a problemes interns reclamant l'ús de les sigles.


- Inzar. Partit resultant de la fusió del Moviment Comunista de Galícia i de la Lliga Comunista Revolucionària de Galícia. Es va autodissoldre però manté estructura de corrent d'opinió (l'enquadro dins els partits perquè la gent de INZAR és molt concreta i sí que segueix portant a terme activitats com a tal).

Les formacions més aviat socialistes - socialdemòcrates, dins el BNG, són:


- Esquerda Nacionalista. El projecte per a crear un contrapoder a la UPG des d'un altre àmbit ideològic i EN, creada el 1992 per recollir la feina feta per formacions como el PSG, Esquerda Galega, Unidade Galega, etc no ha tingut èxit. Amb una gran quantitat d'escissions (més mediàtiques, com la de Beiras, o més quantioses com la més recent) l'han portat a recomençar la seva feina política. El seu president és Alberto Xullo Rodríguez Feixoo i el seu secretari general Xosé Chorén.


- Encontro Irmandiño. Sota la base dels vells "Beiristas" i del Colectivo Socialista, Xosé Manuel Beiras lidera un projecte contra la gestió de Quintana i la UPG, on la defensa de la democràcia interna assambleària i l'independentisme es fan evidents.


- Espazo Socialista Galego. La major part de Esquerda Nacionalista dels últims anys ha marxat i ha fundat l'ESG, una formació que s'autodeclara socialista, independentista i republicana, en una línia ideológica semblant a la de l'Encontro Irmandiño. El seu secretari general és Xoán Carlos Bascuas e conta na executiva coa ex-candidata á vocería nacional do BNG Charo Fernández Velho.


L'últim partit del que parlarem, fora de l'enquadrament socialista, és el PNG-PG (Partido Nacionalista Galego - Partido Galeguista) que s'autodefineix com a liberal i nacionalista i té importants elements a la província de Ourense.

Hem de dir que la majoria de la militància del BNG és independent, és a dir, no pertany a cap dels partits interns del BNG. Això fa que la multiplicitat d'idees i d'aliances entre "corrents d'opinió" sigui difícil de captar. Citarem exemples d'aquestes corrents d'opinió:

- Quintanistes. Grup d'afins a Anxo Quintana, independents que l'han acompanyat en aquest procés de successió al BNG. Un exemple és Roberto Mera, avui secretari de política municipal del BNG.

- Esquerda Galega. Ex-partit de Camilo Nogueira i ara constituit en corrent d'opinió. La seva gent va formar part de la candidatura "A Alternativa" al Consell Nacional del BNG al 2006 que també va recolzar la vella EN (ESG+EN) liderada per Charo Fernández Velho i amb Camilo Nogueira als primers llocs. A diferència de Inzar, Esquerda Galega no té cap estructura avui dia, són un conjunt de persones "indeterminades" de l'entorn de Camilo Nogueira.


Conclusió
El BNG es caracteritza per la seva pluralitat, per la existència de diferents criteris que enriqueixen el seu discurs i la seva pràctica política, encara que produeixi unes tensions internes perennes, en l'àmbit organitzatiu (tot i que la majoria de la militància sigui independent).


PD: Video del 25è aniversari del BNG.



Leia Mais…

Silvio Falcón... no facebook