A Candidata (Eleccións Europeas II)

Ana Miranda. Apunten ese nome, se é que non foron quen de coñecela nalgunha das súas visitas relámpago a Bos Aires, Barcelona ou Compostela.
Ana Miranda representa traballo, diálogo, capacidade de integración, descurso, esquerda, feminismo, europeísmo, dignidade e sinceridade. Ana Miranda non só é a mellor das candidatas posíbeis, se non que é a candidata. Acumula 10 anos de experiencia en Bruxelas, domina as tres principais linguas da Unión (inglés, francés e alemán). E sobre todo, non se conforma con nada.
Ana Miranda é unha muller. É agarimosa e sensible, pero loitadora e valente coma ninguén. Ana é independente; pero ten unha bagaxe ideolóxica de esquerdas netamente demostrada coa súa defensa doutra Europa (censurando a Europa do capital e dos Estados).
Ana Miranda é a vicepresidenta da Alianza Libre Europea. É a cara visíbel do BNG en Europa e América, a representante dos que tiveron que marchar (da Galiza Exterior, como ela di).
Ana é compromiso, é FORZA, é ILUSIÓN pra saír dos malos momentos. É daquelas persoas que sempre aparecen no momento axeitado pra arranxar unha situación; ou para arrincarche un sorriso cando a cousa está fodida.
O BNG ten que ser todo iso. Ten que encabezar cartel cunha muller, ten que xerar ilusións nos que a perderon, ten que espallarse máis alá das fronteiras e convencer coa súa mensaxe. O BNG ten que ser Ana Miranda.



4 comentarios:
És una mica sectari no?
Anna és una gran i lliure!XDXD
Pel que dius té un bon curriculum i tal, aviam si teniu sort..., ja sabeu qui va com a num. 2 o la demés llista?
Una abraçada amb galego!
Revolta
Celebro que hagueu decidit anar a les eleccions amb ERC i espero que aquesta política sigui la vostra cap de llista, ja em veig treballant colze a colze amb tu per la campanya ( jaja ).
Bones vacances!
Anda que colorada se acaba de por a miña veciña, que ensineille o que escribiras dela. Di que no no merece. Apertas ao lonxe.Clara Flor
Apa la propaganda XD
Està bona, també, cosa que no has dit però que el Lula sap perfectament XD
Vinga gaudeix de Santiago aquests dies
Publicar un comentario en la entrada