Retranca

>> dijous 22 de juliol de 2010

Retranca
(21/07/2010)



Onte fun a Ourense. Cada vez que volvo a Ourense penso en quen sería eu se, nun determinado momento, a miña familia tivera decidido ficar na terra. É un exercicio inútil, pero nunca está de máis darlle unhas voltas. A verdade é que foi un día canso que adicamos, principalmente, a cumprir co trámite burocrático máis temido polos automóbiles de máis de 10 anos: a ITV. O O Opel Corsa branco do 1990 de meus pais conseguiu pasar o test. Despois volvemos a este recuncho da Serra do Xurés.

Meu irmán naceu en Ourense, pero non se acorda de cando viviamos aló. Chámase Víctor e ten dez anos (el rifaríame dicindo que en Outubro cumpre os 11, pero...!) Onte, entre espera e espera puiden levalo á Livraría Torga, situada na rúa da Paz da cidade das Burgas. Nesa fermosa libraría, o meu irmán fixo o descubrimento do verán: a revista Retranca! Cal foi a miña sorpresa cando, no asento de detrás do coche escoitábao rir mentres lía unha viñeta de Kiko da Silva! Incluso fantasiaba cunha canle de televisión galega chamada “Retranca TV”, que terían uns informativos chamados “A nosa Pedra” presentados por un personaxe de primeira: O Carrabouxo. Todo isto, logo de ter durante meses exemplares desa revista na casa; que non conseguiran captar a súa atención. E agora, xa me dixo hai un anaco, disque se considera todo un retranqueiro.

O meu irmán, moi nos seus adentros, está á saborear a Galiza. Está orgulloso de ser quen é; de falar con todo o mundo a lingua que en Barcelona (de momento) só pode falar cos seus achegados. E incluso, a retranca vai máis aló. Logo do seu pequeno gran descubrimento, xogou á pelota con Jorge, un amigo seu de aquí, da aldea. Jorge ten 11 anos, e vive en Sigüeiro, a poucos quilómetros de Compostela. Ataviado cunha camisola do Manchester United, caneaba con bastante atino as entradas do meu irmán mentres pronunciaba verbas na lingua de Cervantes. Que maior retranca que esa, para rematar o día!

PD: Horas máis tarde, a retranca volveu a chamar na miña porta, mentres conducía pola OU 1212 dende Bande a Grou. Cal foi a miña sorpresa cando o meu CD viuse interrompido pola información do tráfico... que chegaba dende Lisboa!


Máis apuntamentos no Caderno de Viaxe 

1 comentaris:

Silvio Falcón 4 d’octubre de 2010 21:51  

http://revistaretranca.blogspot.com/2010/07/pon-retranca-na-tua-vida.html

Publica un comentari

Comentarios Recentes

Búsqueda en Google

Os meus blogs

  © Blogger template Werd by Ourblogtemplates.com 2009

Back to TOP