Ás Carreiras
>> dilluns 4 d’octubre de 2010
Ás carreiras
(04/10/2010)
Eu son dos que chegan tarde a clase. Sí, é un defecto. Supoño que é un mal xeito de comezar o derradeiro curso. O certo é que non me gusta andar con présa. E a grandes males, grandes remedios. O importante é chegar, non si? Non ía ser menos este apartado dentro do meu blogue. Sí, curiosamente, no derradeiro curso é cando o comezo. Non hai qué facerlle!
Quero comezar rememorando algunhas das cousas que me teñen acontecido estes anos na Facultade de Dereito da UB. Dereito? Sí, aló están os estudos de Ciencia Política, supoño que por perpetuar a miña pertenza as minorías, neste caso universitaria.
A verdade, tiven bastante sorte coa xente coa que me tocou compartir experiencias, exames e traballos. Non me vou queixar, para nada. Fomos quen de imaxinar un verdadeiro exército de Islandia, os cen mil fillos de Gudjohnsen, ou de trocar o slogan electoral do actual reitor (Dídac Ramírez) "Farem UB" por un moito máis contundente: "Farem diners". Imaxinamos tamén como de difícil sería a adopción dun tratado (sobre todo para parellas homosexuais, que seica España lle pon problemas) ou a loxística de celebrar unha reunión nun órgano (tanto nos valía o da Igrexa coma un pulmón).
Como bos politólogos, puxémonos a solucionar a crise. Acudir máis á misa e invadir Portugal eran as opcións máis realistas, sí. Máis as medidas en política internacional non quedaban aí, non! En Italia descubrimos o pai da patria: Giovanni Ranna! Pero non só de política vive o home; nós tamén cultivamos o mundo do espectáculo: de seguido entendemos que Carod era o cazador dunha particular versión de Bambi e que o príncipe de Bel-Air e o de Beckelar debían de ser primos. No delicado terreo das artes plásticas, aprendemos a debuxar patos asasinos con corbata, algo que nin o propio surrealismo de Dalí soubo apreciar. Aínda así, logo de tan enorme esforzo creativo, quedounos tempo para elaborar un novo draft na NBA, encabezado por Talcott Parsons co número 1, con David Easton co número dous (e seleccionado polos Grizzlies!) e cunha meritoria 29º posición en primeira ronda para Esping-Andersen.
Cantas cousas, pensaredes. E aínda faltan moitas máis, como por exemplo a lista (infinita) de persoas ás que sobreviviu (e sobrevivirá) Fraga; entre eles ao cazacocodrilos Steven Irwin! E, seica, de paso, fixemos a carreira, que no vindeiro 2011 habemos rematar. Ás carreiras, iso sí, que con tanta creatividade, coller apuntes non era sinxelo!
Máis apuntamentos no bloc de notas do Derradeiro Curso

3 comentaris:
Hehehehe. El draft, gran!
PS: i la llista electoral de l'"Aragorn, hijo de Arathorn" i el Paco Franco? I l'Haco Pranco i l'Honi? XDD
Miquel
molt bo el comentari... Tot i així podem quedar un dimecres abans de classe nocturna per tornar a veure aquestes bogeries com els Pokemon que fa molt que no els vec...
D'altre forma espero que d'aquí un i dos i mil anys seguim quedant i fent cumbre de bar, tot i esperar acabar la carrera aquest any.
Boas Noites
David
El millor Giovanni Rana!!!!
Damià
Publica un comentari