Proxectos
>> dimecres 12 de gener de 2011
Proxectos
(12/01/2011)
Comezou o 2011. Tempo de novos proxectos, novas andainas. Xa estou máis aló do ecuador deste derradeiro curso. Carallo, como pasa o tempo! Como ben sabedes os que me coñecedes, o pasado 2010 xa foi un ano ben movidiño. E 2011 aínda será máis! Facendo un pequeno repaso deste comezo de ano, vénme á cabeza tres proxectos nos que me embarquei nos primeiros días do ano.
O primeiro é un proxecto que comparto con Alberte Montes. Para os que non o coñezades, é un galego-català coma min que se adica ao mundo da interpretación; pois é actor e monologuista. Os dous quixemos compartir experiencias e, sobre todo, algunhas parvadas nun blogue chamado "Bueno Carallo Bueno" en honra ás típicas frases vocativas que usan os maiores do noso país para... Para non dicir nada! A ligazón é http://www.buenocarallobueno.tumblr.com
O segundo é algo máis serio. Con colegas politólogos, que me acompañan tamén neste derradeiro curso, tentaremos loitar por un causa daquelas que eu considero xusto. Con Víctor Solé, entre outros, miraremos de conseguir que Catalunya dispoña, dunha vez por todas, de Lei Electoral. Tentaremos que o Informe dos Expertos que pedira a Conselleria de Governació a profesores politólogos propostos polas forzas parlamentarias durante o primeiro tripartit sexa vinculante e se convirta, xa que logo, no texto articulado vixente en materia electoral no Principado. Será difícil conseguir as 50.000 sinaturas que se requiren para presentar a ILP, pero poremos todo o esforzo que sexa preciso. Iso, aínda así, queda para máis adiante.
O terceiro (ou máis) é facer radio en català. Hai por aí un proxecto que tentará saír á luz, pero polo momento comezarei por colaborar en SOM Ràdio (nalgunhas tertulias e na sección "L'ala Oest de la Plaça Sant Jaume" do programa "El Petit Tast").
Todo iso, acompañado dalgo que é máis ca un proxecto. Dalgo que fala do que vivo, da miña realidade. Convídovos a visitar "Cadernos de Comunicación e Análise" e o web da Asociación Alba de Groria.
Vaia último curso, non? E todo iso sumado á carreira, ao Barcelona Atlàntica e a máis que veña. Que este 2011 nos traia, aínda, máis proxectos. Será bo sinal.








0 comentaris:
Publica un comentari