Soberana
>> diumenge 20 de març de 2011
Soberana
Es ti, dama,
de entre todas,
a máis soberana.
A máis libre,
a máis ceibe;
quen máis ama.
A que decide,
a que manda!!
A que cunha mirada
meu mundo enlouquece.
Unha chamada,
unha perdida.
Un ese eme ese.
Un anaco de ceo,
deses que tan só
ti e máis eu sabemos.
Todo sempre recomeza,
unha e outra vez.
Mais eu só quero poder
beber dos teus beizos
sempre que quixer.
Quixeches bailar o mundo coas túas pernas,
e foime sinxelo ficar abraiado
co que se agocha detrás das ventás e portas
que gardan a túa alma no faiado.
Nin o tempo nin a distancia esquecen,
nin os sentimentos desaparecen.
O de verdade, disque, para sempre permanece.
O real mora nos meus ollos,
aínda que me teñas por mentiroso;
que o tímido artificio das miñas verbas
non che impida ver o que soño.







2 comentaris:
Fermosa poesía,a quen se refire?Estrela Rodríguez
quixen decir,de quen era,é sabendo de quen é ,tenme moito máis mérito.felicitoche por tan fermosas verbas.Estrela Rodriguez
Publica un comentari