E cando marchas?
>> dijous 4 d’agost de 2011
A cruz do emigrante ao chegar ao país é saber que ese gozo ten data de caducidade. De feito, non só o temido retorno ao lugar de procedencia é algo capital, senón tamén o continuo recordatorio ao que o emigrante se ve sometido.
- E cando chegaches? E cando marchas?
E probablemente a pregunta sexa inocente. Ou non, como acontece na meirande parte dos casos. Pero o certo é que na Galiza o emigrante é como unha estrela fugaz: en canto a ves, estás agardando a que desapareza dun momento ao outro...
Eu este ano xa marchei. Sí, vamos, xa estou de novo en Barcelona. E unha semana no país chegoume para escoitar a temida pregunta ao redor dunhas 40 veces. Como diría Pedro Piqueras: "Espeluznante". Pero xa non me enfado. Aínda así, agardaba que neste verán galego tan fugaz podería terme librado desa espinosa experiencia algo máis. E como xa dixen, non foi así.
Tócame, entón, vivir esta calor barcelonesa. Abafante e húmeda. Mediterránea ao 100%. Pero, ao fin e ao cabo, aquí ninguén me pregunta cando vou marchar.






2 comentaris:
Eu coido que o de cando chegastes é para dar a benvida e para comezar a conversa, pois bótasevos de menos todo o resto do ano.
Os que estamos aquí (na Galiza), ademais de preguntarvos a vós cando marchandes, tamén nos preguntamos a nós propios cando deixaremos de contar coa vosa querida presenza. Eu podo dicir que ás veces con certo desasosego, porque a emigración é máis fodida para os que teñen que marchar, pero as persoas queridas que fican ás veces fican agardando o retorno, anque só sexa polo vrao, ou dunha semana, das persoas queridas que teñen fóra.
Agora que o razonei, e así dito, dame a impresión é fodida para o que a recibe pero tamén para o que a fai... Seremos masocas?!
Aperta meu!
Supoño que é o normal non só en Galiza, senón tamén no resto dos lugares do mundo. A vida do emigrante é así. Eu coñezo algún que xa el che explica cando chegou e cando marcha antes de que tí lle preguntes nada. Pode ser que sexa para evitar a pregunta.
Publica un comentari