Caza, fútbol e outras cousas de homes
>> dijous 20 d’octubre de 2011
Por todos é sabido que os homes do PP son os homes de verdade. Os de toda a vida. De dereitas, de orde. Xente respectábel, adicados á empresa. Van de caza, van ao fútbol, están coa xente. Incluso, cando están na oposición, atrévense a fotografiarse con mangueiras, apagando lumes. Como se, metafóricamente, poideran solucionar a crise económica global en 40 días.
Se Fraga (ese habelencioso da caza que tan bo recordo deixara no cú de Carmen Franco, en forma de perdigóns) marchara de caza con Álvarez Cascos en época do Prestige, agora dase unha situación ben semellante. Feijoó na Arxentina, pedindo o voto da emigración galega en sudamérica. Unha desas xiras que o PP sempre deseñou como se os seus candidatos fosen grandes estrelas de rock. Non só polas extravagantes prácticas de regalos e amiguismo, senón pola gran cantidade de recursos destinados a encher grandes auditorios. Unha práctica copiada tamén polo PSOE, por outra banda. E xa, para rematar, Roxelio Martínez, o "superdelegado", foi quen de utilizar os seus superpoderes para ir ao Bernabéu ver o Real Madrid - Olympique de Lyon. Que non son eu ninguén para cuestionar a afición do ourensán polo equipo lyonnais (ou será merengue?), mais, mentres Ourense levaba varios días queimándose con lumes por toda a provincia, el vai ao fútbol? O certo é que probablemente don Roxelio sexa un home deses dos de antes, deses que los domingos por el fútbol me abandonas. E os montes ardendo.
Pero ollo, que deses homes tan homes tamén temos en Catalunya. Que seica o Duran precisa de ir ao psicólogo, que de cando en vez di bastantes tonterías.






0 comentaris:
Publica un comentari