Dos problemas do Barcelona Atlàntica ou de como silenciar voces
>> dilluns 3 d’octubre de 2011
Hoxe, Luns 3 de Outubro, recibín un e-mail duns dos coordinadores de Ràdio Trinitat Vella. Informábame, cun suxerente título, de que os recortes chegaron á radio. Isto afectaba ao programa (o Barcelona Atlàntica) directamente: toda a franxa en directo, de 20 a 21h, sería eliminada. A isto súmase, tamén toda a grella do venres. Polo tanto, a radio só fará directos matinais e de tarde até ás 20h, de luns a xoves. Un taller de radio que teóricamente emite 24 horas 7 días á semana para o barrio da Trinitat e para Sant Andreu.
Ràdio Trinitat Vella financiase íntegramente con diñeiro da Fundació Privada Trinijove. Todos os programas son feitos, ademais, por voluntarios. Como tantas outras fundacións no Estado, a Trinijove o que fai son talleres (moitos deles enfocados ao mundo laboral) de cara á mocidade do barrio. Teño que recordar que a Trinitat Vella é un dos barrios máis pobres e aillados de Barcelona. O certo é que a Trinijove, sen coñecer os seus orzamentos nin canto proven de fondos públicos, desenrola unha actividade encomiábel e necesaria: achégase a mozos de moitas nacionalidades e tenta amosarlle como realizar diferentes tarefas. Incluso, no eido da radio, moitos rapaces estudantes de Grado Medio de Son teñen feito as súas prácticas en Ràdio Trinitat Vella. De feito, grande parte desas actividades poden consultarse no seu espazo web: http://www.trinijove.org/ O que me pregunto está claro. A xente do Barcelona Atlàntica seguirá inmersa en proxectos en galego en Catalunya. Seguiremos á loitar, e, aínda máis, seguiremos moi probablemente noutro horario (de mañá?) en Ràdio Trinitat Vella. Pero cos recortes en según que axudas públicas estamos vendo como sae gratis silenciar voces críticas. Xa sabemos, a súa austeridade. A austeridade dos que desmantelan hospitais.






0 comentaris:
Publica un comentari