O lume é normal
>> dimecres 19 d’octubre de 2011
Chegou un momento no que, no noso país, o lume é normal. Farteime de escoitar, de pequeno (e non tanto), a mítica frase "Arde alí". O preocupante era a cara de tranquilidade que adornaba esa estampa. Incluso, ía máis aló, con aseveracións do tipo: "Andan á prenderlle os das brigadas" ou "Os desas fincas andaban pelexados". A falta de prevención sempre foi o problema. E a selección do persoal das brigadas outra das cousas á mellorar.
Falando con xente de Catalunya, pregúntanme alarmados sobre os lumes en Galiza. Eu quítolle ferro (inconscientemente) ao asunto. Como se foran os lumes estacionais que este ano, por unha sorte de cambio climático estraño, chegaran fora de temporada. Pasan os días, arde Lobios, arde Maceda... Ourense envólvese nunha nube de fume. E todos saltamos, alporizados, a pedir explicacións, a protestar. Con moita razón.
Pero faltanos alarmarnos antes. Teñen que queimarse milleiros de hectáreas para que reaccionemos? Nin na Galiza, nin en ningures. O lume non debe ser normal.







1 comentaris:
Unha lacra, un problema, un cancro...
Os galegos sómosche desorganizados, individualistas e autodestrutivos, e só nos extremos e nas urxencias unimos as forzas. Unha idiosincracia moi particular pero dañina, moi dañina para o propio país.
Publica un comentari