O rexurdir dos medios en galego?

>> dijous 27 d’octubre de 2011


Esta semana entrou polas costas galegas un tsunami moi interesante. E non me refiro precisamente ao virulento cambio de rumbo que experimentou o tempo atmosférico do noso país. Quero referirme á presentación de dous proxectos mediáticos máis na nosa lingua. Aos preexistentes Galicia ConfidencialDe Luns a Venres ou MundoGaliza e ao proxecto de semanario en galego coordinado a redor da iniciativa Sermos Galiza  véñense a sumar Praza e Tempos Dixital.

O certo é que a meirande parte destas iniciativas son prantexadas en internet e con medios modestos. Sen dúbida, nunha primeira fase, será tan importante chegar a un público amplio (que existe e demanda información) como reunir os recursos precisos para ir medrando. Pero o concurso, nestes proxectos, de xornalistas novos pero consolidados, será clave para o seu desenvolvemento. Quen sabe se atoparemos en Praza crónicas de actualidade galega como as que atopabamos no extinto (agora tamén da rede) Xornal de Galicia?  Ou se Tempos Dixital terá unha nómina de opinadores tan importante como a do vello Vieiros.com.

O certo é que será moi interesante a nova loita, de cero, por un público obxectivo moi semellante. Probábelmente GaliciaConfidencial terá que mudar; para mellor, para poder competir contra o resto de dixitais en lingua galega. Veremos como, en función da maior especialización (análise, actualidade, cultura, política, etc) uns xornalistas participarán duns dixitais e outros, doutros. Baixo o meu punto de vista, eso é o mellor que lle pode pasar ao consumidor medio destes xornais. Estes, pola contra, deberán esforzarse. Deberán navegar xuntos cun obxectivo común, como medios en galego. Tamén colaborar. Incluso pasarán por problemas case idénticos pero deberán suplilos coa creatividade da supervivencia (e tamén da independencia). Mais, probábelmente, de confirmarse, este paso cara á fronte (e cara á rede) da información en galego é un anticipo do que acontencerá (e está acontendo xa) no conxunto do planeta. E para rexurdir, internet é o mellor xeito.

0 comentaris:

Publica un comentari

Comentarios Recentes

Búsqueda en Google

Os meus blogs

  © Blogger template Werd by Ourblogtemplates.com 2009

Back to TOP