Ogallá

>> dimecres 2 de novembre de 2011

O PSOE vén de crear unha plataforma de apoio á candidatura de Rubalcaba chamada 'Ojalá'. Máis aló do malestar que lle poida xerar a un votante de esquerdas a indebida apropiación que fai o PSOE da famosa canción de Silvio, o certo é que esta plataforma é o enésimo intento de virar á esquerda (en campaña) do partido que actualmente ocupa o goberno do Estado español. Ademais, desde un punto de vista comunicativo, usar este eslógan fala das expectativas á baixa do PSOE. 


En calquera caso, non era diso do que vos quería falar. Non deixa de sorprenderme o web da plataforma no que, ademais dun vídeo de apoio e dun manifesto, hai fragmentos do discurso que pronunciou Rubalcaba o pasado 9 de xullo, cando saiu nominado como candidato socialista á presidencia de España. E non me sorprende por un formato innovador, precisamente. Sorpréndeme que hoxe, 2 de Novembro de 2011, co que está á acontecer, a frase máis destacada sexa a seguinte: 

“aprendí que la democracia tiene dueño, tiene unos dueños que son los ciudadanos. Esos son los dueños de la democracia. No se me ha olvidado ”

Pois ou Rubalcaba ten mala memoria, ou aquí algo malo pasou. Ou é que Grecia non é unha democracia? O anuncio de Papandreu semella que inquedou os mercados. Mais hai que ir máis aló; a celebración do referéndum grego poría en cuestión o control dos mercados sobre a política europea, cada vez máis caracterizada por un déficit democrático patente. Será iso o que os inqueda? Esa Eurozona políticamente nula, incapaz de tomar decisións de xeito autónomo que critica que os cidadáns poidan decidir cos seus impostos. Á que tamén contribúe o PSOE de Rubalcaba. Onde quedou a refundación do capitalismo de Sarkozy?

Ogallá poidamos construir unha Europa na que os pobos poidan decidir o seu futuro en liberdade. Ogallá se acabe toda esta pantomima na que mandan os que non saen na foto. 

0 comentaris:

Publica un comentari

Comentarios Recentes

Búsqueda en Google

Os meus blogs

  © Blogger template Werd by Ourblogtemplates.com 2009

Back to TOP