Sorrisos acedos

>> dissabte 31 de desembre de 2011

Cando me acontecen cousas como o que me pasou hoxe, póñome á pensar. A diáspora galega ten moitas aristas complicadas de asumir. Moitas visións que non saen nos programas de televisión nin nos documentais audiovisuais. Nin nos libros especializados, que deixan á emigración como un fenómeno dos anos 50.

O 2011, para min, despediuse cunha noticia que non podo calificar como positiva nin como negativa. A verdade é que o máis difícil de vivir fora de Galiza, desde o meu punto de vista, é ver como a xente marcha desta miña cidade: de Barcelona. Facer lazos, construir cousas, facer asociacións onde non había nada... E logo, chega o momento. Un traballo, a familia, ou, sinxelamente, a vida. E volta a viaxar. E ter que voltar a deixar cousas atrás, a sentir aquela morrinya... Todo aquilo que contan os galegos que teñen unha parte do seu corazonciño en Barcelona. Contábame este amigo que unha prima súa, tamén amiga, dicía que en Catalunya está a Galiza que soñamos. Unha Galiza que construimos nesta costa mediterránea. Entre uns poucos, coa forza do noso amor e, en moitos casos, co só sustento da nosa amizade.

E alí estou eu. Impertérrito coma o tempo. Sentíndome como aquel que os ve pasar a todos, pero que permanece sempre. Triste e só. Eu que sei. Non é para tanto. Pero sentirte así á miña idade é algo estranamente desconcertante.

E así se despide o 2011. Con sorrisos acedos, con despedidas e sentimentos encontrados. Que non é pouco. 

3 comentaris:

Ente_Carbalho_Briom 31 de desembre de 2011 10:23  

A verdade é que ten que ser moi fodido...

Agardemos que o 2012 sexa doutra cor!

Aperta forte

Xosé Manuel 31 de desembre de 2011 11:29  

En Catalunya está a Galiza que desexamos.
Velaquí o quid da cuestión !!

Iso resúmeo todo.

Feliz 2012 !!

Saleta,  3 de gener de 2012 1:03  

jooo!!o que escribiches chegoume á alma...bágoas nos ollos...
si debe ser triste si!!
Ánimo Silvio!outros virán!

Publica un comentari

Comentarios Recentes

Búsqueda en Google

Os meus blogs

  © Blogger template Werd by Ourblogtemplates.com 2009

Back to TOP