Sobre min
Eu
O meu nome é Silvio Falcón e nacín o 10 de Outubro de 1989 en Esplugues de Llobregat, fillo dunha familia galega emigrada en Catalunya. Os meus pais son oriundos da Baixa Limia (dos concellos de Lobios e Lobeira) e alí teño depositados os meus recordos de infancia.
Cando cumplín os dous anos, a miña familia trasladouse á Galiza. Residín na cidade de Ourense até os 13 anos. A miña lingua materna sempre foi o galego. No 2002 a vida levounos de novo á cidade condal. Dende entón resido en Barcelona.
Son seareiro do Real Clube Celta de Vigo e do FC Barcelona.
Estudos e traballos
Son Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universitat de Barcelona (UB, 2011). As cuestións que máis me interesan da Ciencia Política son as ideoloxías (nomeadamente os estudios sobre o nacionalismo - Ernst Gellner, Benedict Anderson, Eric Hobsbawm, etc-), os estudos de comportamento electoral e o asesoramento a nivel de estratexia (toma de decisións, etc) e comunicación política. Interésame tamén a aplicación das TIC ao mundo da política (márqueting político, blogues, redes sociais, etc).
Dende 2005 a 2007 traballei como monitor de ocio, concretamente como adestrador de baloncesto (equipos infantís e cadetes).
Dende 2007 colaboro coa asociación sen ánimo de lucro ERGaC (Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya). Dirixo o programa de radio "Barcelona Atlàntica" dende novembro de 2007 de Ràdio Trinitat Vella. Dende outubro de 2010 o programa tamén está na grella de Radiofusión, a rede de radios locais galegas. Dende Decembro de 2010 desenrolo a función de Secretario de ERGaC.
Grazas a ERGaC nas tempadas de fútbol 2009-2010 e 2010-2011 fun locutor en galego dos partidos (do Deportivo) da Liga BBVA producidos por Mediapro.
Asociacións
Estou comprometido coa defensa e promoción das comunidades galegas do exterior. Defínome como socialista e soberanista galego. Milito en Galiza Nova e no BNG. Formo parte da comarca da Emigración desa formación política, onde exerzo de responsábel de Galiza Nova Barcelona. Colaboro tamén co asociacionismo galego na emigración catalá (Centro Galego de Barcelona, Plataforma Defensem la llengua gallega, etc).
Son cofundador da Asociación Alba de Groria e colaborador de Cadernos de Comunicación e Análise.
Desenrolo unha función de búsqueda constante de galegos e galegas no exterior (nomeadamente en Catalunya). Se ti coñeces algún, envíame un correo a silvinho.galiza @ gmail.com.
Son socio colaborador da Plataforma pro seleccions catalanes. Formo parte tamén da plataforma Queremos Galego e de Prolingua. Son socio d'A Mesa pola Normalización Lingüística.
No pasado tiven outros blogs: Galiza, por sempre, Galiza e O caderno do Silvio. Fun un dos promotores da iniciativa "Blogues pola Lingua". Fun tamén columnista de medios como Vieiros ou Mundogaliza.








